Solicitude de alta na biblioteca

Durante os últimos anos a Biblioteca da Casa da Cultura experimentou un importante cambio que a día de hoxe vese reflectido tanto no espazo adicado á mesma, como na cantidade e calidade dos libros e no número de usuarios. Este último é o dato máis salientable xa que a biblioteca só ten sentido se o número de lectores fai viable a importante inversión económica e de tempo que require.

Tentamos sempre polo fácil, por iso a partir de agora poderedes solicitar o alta na biblioteca desde este medio e comezar a gozar desde xa dos vosos libros favoritos. E lembrade, si non os temos só tedes que pedilos.
Desde a páxina da biblioteca podedes consultar os seus fondos, a dispoñibilidade de cada un dos títulos ou mesmo saber cal é a valoración que lle outorgan os lectores ou valorar vós mesmos os que achades lido e aparezan reflectidos na web.

E non esquezades que si tedes fillos en idade escolar, sobre todo os da ESO ou de Bacharelato (12 a 18 anos), comprometémonos a comprar os libros de lectura que lles manden no centro e deixarémosllos en prestamo. Só ten que avisarnos con antelación para que poidamos mercar eses libros e poñelos a súa disposición.


 

(1) INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS:
Responsable: Asociación de Veciños de Moreiras.
Finalidade: Procesar a túa solicitude.
Lexitimación: Ó marcar a casilla de aceptación estás dando o teu lexítimo consentimento para que os teus datos sexan tratados conforme ás finalidades expostas anteriormente.
Dereitos: A acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos detallados na nosa Política de Privacidade.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio