Normas de uso do baixo da Casa de Cultura

  1. Os solicitantes deberán ser veciños de Moreiras.
  2. A solicitude do espazo desexado deberá facerse cun mínimo de 7 días de antelación.
    A Asociación de Veciños comunicará ó solicitante a súa resolución nun prazo máximo de 2 días.
  3. A persoa ou entidade solicitante comprométese a deixar o espazo solicitado nas mesmas condicións que o recibiu.
  4. A persoa ou entidade solicitante deberá deixar o baixo limpo, incluidos baños e cociña. No caso de que a limpeza sexa deficiente, a Asociación de Veciños avisará á persoa ou entidade solicitante para que o limpe de novo, no caso de negarse a facelo a Asociación de Veciños contratará os servizos dunha empresa de limpeza e cobrará os seus honorarios á persoa ou entidade solicitante.
  5. Corren por conta da persoa ou entidade solicitante as reparacións ou indemnizacións polos danos ocasionados, polo uso indebido das instalacións, calquera que fosen as causas e os motivos.
  6. A Asociación de Veciños poderá esixir unha fianza á persoa ou entidade solicitante para garantir o uso correcto do espazo solicitado.
  7. A persoa ou entidade solicitante asumirán cantas responsabilidades de orde civil, penal, administrativo, laboral, tributario ou de calquera índole, puidésenselle esixir e tomará ó seu cargo exclusivo as indemnizacións de danos e prexuízos derivados da súa responsabilidade con absoluta e total indemnidad da Asociación de Veciños.
  8. A persoa ou entidade solicitante estarán obrigadas a solicitar da autoridade e organismos competentes cuantos permisos sexan necesarios para a actividade a realizar.
  9. Non alcanzará á Asociación de Veciños responsabilidade algunha polos actos que os asistentes leven a cabo, xa que a mesma recaerá única e exclusivamente sobre a persoa ou entidade solicitantes.
  10. Os actos organizados por a Asociación de Veciños terán preferencia sobre calquera solicitude recibida con anterioridade.
  11. Non se considerarán as solicitudes que non cumplan estes requisitos.
  12. O aforo non poderá en ningún caso  superar  o límite máximo do local.
  13. Está totalmente prohibido servir ou facilitar bebidas alcohólicas a menores.
  14. Están prohibidas as actividades ilícitas, molestas, nocivas ou perigosas.
  15. O espazo solicitado utilizarase para o uso pactado durante o período establecido.
  16. O solicitante é directa e exclusivamente responsable de todo o que ocurra dentro do baixo da Casa da Cultura, incluidos os danos que se puderan producir en persoas e cousas.
  17. Deberan cumprirse ás normas establecidas en cada momento por os protocolos de prevención do Covid19.
  18. A Asociación de Veciños resérvase o dereito de denegar a solicitude dos diferentes espazos da Casa da Cultura:
    1. Cando considere que elo representa un risco para o patrimonio da Asociación de Veciños.
    2. Cando os solicitantes incumprisen con anterioridade as condicións de uso de calquera dos seus espazos.
    3. Cando se trate de eventos con ánimo de lucro.
    4. Cando non se cumplan os plazos de solicitude.
    5. Cando non se abone, se é o caso, a fianza esixida na data sinalada.
    6. Por motivos de seguridade.
  19. Non se permite a entrada de animais a ningunha das dependencias da Casa da Cultura.
  20. Non se permite fumar en ningunha das dependencias da Casa da Cultura.
  21. Non se permite usar monopatíns, patíns, bicicletas, nin aparellos similares no interior da Casa da Cultura.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio