Xestións

Asociación de Veciños de Moreiras.

Solicitude do baixo da Casa da Cultura.

As solicitudes do baixo da Casa da Cultura para a celebración de cumpreanos e outras festas privadas, deberán presentarse a través diste medio, presencialmente na biblioteca da Asociación de Veciños ou entragando a solicitude a calquera dos membros da asociación. Non se admitirán solicitudes presentadas doutro xeito.
Unha vez recibida e valorada comunicaremos ó solicitante a decisión vía e-mail.

Normas de uso do baixo da Casa de Cultura

Os solicitantes deberán ser veciños de Moreiras. A solicitude do espazo desexado deberá facerse cun mínimo de 7 días de antelación. A Asociación de Veciños comunicará ó solicitante a súa resolución nun prazo máximo de 2 días. A persoa ou entidade solicitante comprométese a deixar o espazo solicitado nas mesmas condicións que o recibiu. A […]

Solicitude de alta na biblioteca

Tentamos sempre polo fácil, por iso a partir de agora poderedes solicitar o alta na biblioteca desde este medio e comezar a gozar desde xa dos vosos libros favoritos. E lembrade, si non os temos só tedes que pedilos.
Desde a páxina da biblioteca podedes consultar os seus fondos, a dispoñibilidade de cada un dos títulos ou mesmo saber cal é a valoración que lle outorgan os lectores ou valorar vós mesmos os que achades lido e aparezan reflectidos na web.
E non esquezades que si tedes fillos en idade escolar, sobre todo os da ESO ou de Bacharelato (12 a 18 anos), comprometémonos a comprar os libros de lectura que lles manden no centro e deixarémosllos en prestamo.

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS.
Alcantre s/n.
Moreiras - Toén.
Ourense.
Brétema Digital Studio - Diseño Web, SEO